No Preguntoiro

por carracuca

No Preguntoiro hai sempre xente que mira sen ver, cámaras de fotos, compañeiros ou ex-es, choiva, profesores, castañas, vasos, roupa de vella, zapatos feos, sorrisos, bágoas e apuntes.

Moitas veces percorrín o Preguntoiro sen saber por que camiñaba. Moitas noites camiñei rápido baixo a tormenta, voltando ao fogar que non o era [ou si], cos zapatos mollados, co pelo húmido, coa alma nas mans por xente que non o merecía.

Anuncios