Nostalxia

por carracuca

Parece triste o post de onte. E vós, que me coñecedes, pasades por aquí, e ledes, e pensades...

Quédanme tristes os posts. Son un pouco triste, se cadra. E vós, que me coñecedes, pasades por eles, por riba deles, e pensades… non sei.

E eu non son quen de facer do meu un blogue alegre. ¿Serán estas computadoras, que cada vez que as prendo teñen dentro mil persoas, catro correos, escritas románticas de perdedores, catro traballos e agora el, el que manda música e bicos e… ¿quen carallo lle puxo a Internet?¿por que?

Anuncios