cousas pequenas

por carracuca

Pizza no forno, que non chova, facer [outras] paces virtuais, ter alquilado unha película, moito plan de futuro [agora con menos medo e máis ilusión], unha ducha quente e sinto esta ledicia de estar viva, porque o edificio, hoxe, está en silencio, as mans escriben máis veloces e semella que a cabeza marchou de vacacións a algún destino con sol e alcol e area.

É que sempre esquezo o que apuntaba nos post-its: Que só preciso dunha taza de té quente, e silenzo, ou Massive Attack, e unha noite de paz, e a ledicia regresa…




E teño unha Estrella de Nadal. ¡Ja!

Anuncios