Sensentido I

por carracuca

Non hai quen descanse en Compostela, non hai quen tome un suspiro ou deixe un momento os libros ou a copa no chan. Non hai xa cachos verdes de infinidade, non hai recunchos onde agacharse do vaivén de sentimentos porque todo está moi pervertido e emborrachado de masculinidade, de femineidade, de sexos contrapostos ou conxuntos que xogan a divertirse coas mutuas feridas. Estou -coma ti, lector- condicionada pola miña presente inestabilidade emocional, mais considero que Compostela perdeu a inocencia. Cando repenica a Berenguela, saen mozos feitiños con copas de licor café á rúa. A rachar cos peitos.

Anuncios