A vida comeza en abril

por carracuca

Non, ao mellor é en marzo, ou en decembro, comendo as uvas, ou xa polo medio de xaneiro, cando te acostumaches a un novo díxito no calendario.

Pero a miña recomeza en primaveira, porque ule a cousas novas. A catarse comezou o martes, cando unha tormenta me pillou en Galeras. Pedinlle a unha muller que me acollese no seu paraugas, e ela me agarrou do ganchete e fumos falando de parvadas, eu mollada como un pito. E despois un autobús nos mollou todas. Rin e despois corrín desde a Alameda ata casa. Aínda é día ás nove da noite. Podo poñer sandalias, e hai xente nas terrazas. Amo abril.

Anuncios