Campaña electoral

por carracuca


Onte había un stand do PP e outro do PSOE na Praza Roxa de Santiago. Un enfrente do outro, separados por poucos metros. O de Conde Roa emitía o himno do partido nas versións bakalao, festa e solemne. O de Sánchez Bugallo tiña un mago. A verdade, a maxia resultou bastante máis efectiva que o reparto de programas electorais.

Entre familias de domingo e rapaces abraiados, o mago fixo trucos cun preservativo. Púxoo na cabeza e inchouno co naris. Eu sentei cun café nunha terraza e só puden abraiarme, marabillada, da creatividade da campaña electoral.

Os do PP, por certo, subiron o volume.

Anuncios