martes, agosto 02, 2005

por carracuca

Hai miles de tarefas por facer, rudas, ordinarias, pero creo que non merecen a miña atención.
Levo chamándote dous días. Eu, que non son así.
Eu, coma Marcos de Un Tranvía en SP, “Ando soñando cosas raras (…) Ando soñando que Rosa está muerta”
Ódio a transcripción automática de datos de roldas de prensa de mentira de mañá.
Ódio as túas correcións contínuas e mudas
Previsións para mañá?
Maruxía e forte maruxía. Treboada de nordés. Teletipos. Abelaíñas.

Anuncios