por carracuca

Non saber que facer. Pelexar coas paredes, sentar no chan. Tremen as pernas. Unha canción, aire da ventá. A Coruña é. E a colcha é, máis miña que a cidade, máis sabia.

Se discutimos no interior dun coche, parece mellor do que é. Porque me sinto Amélie e podo dramatizar.

– Xa sei o que quero. Ver o mar.

A banda sonora casual existía, por unha vez: Soaba o cánon de Pachelbel.

Anuncios