Moss graffiti.

por carracuca

Non hai máis que debuxar con xiz na parede escollida o teu deseño (mellor se non ten moito sol), coller e limpar musgo (ese que cultivaches na túa casa e non o que roubaches do monte!), unha cervexa e azucre e misturalo todo nunha licuadora. Cunha brocha, aplicas a pasta ao teu deseño e esperas, humedecéndoo todos os días. En pouco tempo verás que o teu deseño empeza literalmente a crecer, verde e fermoso.

via disquecool.

Anuncios