por carracuca

Verte

tecerte e pobreza.
Tragar saliva e rogarlle a un deus que non existe,

que te leve.

Retorcer as palabras e rillar entre os dentes berros púrpuras.
Esconderte nas paredes e correr a borrarte mentres cun xiz escribo

os nomes de todas as lavandeiras do Morrazo.

Logo tecerte, enferma de ti.
de tecerte, rabia… de tecerte, loita.
e cáenme as escamas do meu peito
polas veces en que escollín sentar na lareira dos teus ollos. (agora vermellos, coléricos)

Todo É perverso.

Andrea Nunes

Anuncios