por carracuca

[…] Este océano desatracou das costas
e os ventos da Roseta
ourentaronse ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
O cadáver do Mar
fixo do barco un cadaleito.
Fume de pipa       Saudade
Noite      Silenzo      Frío

E ficamos nós sós
sen o Mar e sen o barco
nós.

Manuel Antonio

Anuncios